Fagamos máis fácil o difícil
Sentirse atrapado no mesmo punto é esgotador. E cando estás nese punto, é normal que che custe saber que facer, e o máis importante, como.
Por iso se:
- Estás atravesando unha crise persoal que non consegues resolver.
- Sínteste triste, e cústache seguir o ritmo do día a día.
- Tes ansiedade ou algún trastorno psicolóxico.
- Estás a pasar un duelo pola perda de algo ou alguén importante.
- A túa relación de parella está pasando por momentos complicados.
- Ou a relación con familiares está danada e queres restaurala.
Chegaches ao lugar adecuado. Estes son só algúns exemplos, pero se estás aquí é porque posiblemente hai algo na túa vida que non marcha ben.
Os meus pacientes din de min que teño o don de desenmarañar o nobelo que lles trae a consulta para que todo comece a cobrar sentido.
Ás veces, simplemente trátase de atopar un lugar seguro no que sentir que por fin alguén che comprende e non te xulga.
Noutras ocasións, é cuestión de deixar de ver os problemas de maneira liñal (causa-efecto), e velos dunha forma máis ben global, como un todo, unha visión en 360º.
Sexa como sexa, o importante é que xuntos podemos conseguir que iso que agora mesmo che parece complicado se converta en algo moito máis simple e levadeiro.
Ola! Preséntome:
Son Ermitas Acevedo
Psicóloga Sanitaria e Terapeuta Familiar e de Parella
Traballo cunha metodoloxía humana e integradora, que combina a miña formación en psicoloxía con outros recursos propios do enfoque sistémico, que actúan a nivel físico, mental e emocional, para que podas ver as cousas con maior claridade e notar un cambio na túa vida.
Na miña consulta atoparás unha terapia ética, confidencial e centrada en aportar solucións aos problemas que che preocupan.
Teño máis de 20 años de experiencia e dedícome a prestar apoio individual, familiar e de parella como psicóloga sanitaria.
Estou colexiada no Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia co número G-03059.
Avalada por:
“Non hai vento favorable para quen non sabe a onde vai”
Séneca
Definamos o camiño para que podas vivir de maneira plena e en sintonía co teu propósito vital e co que é importante para ti.
Pide a túa primeira sesión de exploración e comecemos esta viaxe.