Ermitas Acevedo
Psicóloga Sanitaria e Terapeuta Familiar e de Parella en Ourense

Ermitas Acevedo
Psicóloga Sanitaria e Terapeuta Familiar e de Parella en Ourense
Por que esta vez vai ser diferente?
Ser consciente de que algo non vai ben e considerar ir a terapia é unha decisión moi valente.
Por iso, é normal que sempre xurdan medos dúbidas: “será isto o que preciso? Realmente vaime axudar a sentirme mellor?”
Mirar cara adentro sempre asusta un pouco. Ao igual que explorar terrenos descoñecidos.
Por iso, gustaríame que atoparas aquí un lugar seguro no que aos poucos eses medos e dúbidas váianse diluíndo. Todo para que este sexa o comezo do cambio. Comezamos?
Todo comeza desde dentro
Son unha firme defensora de que todos, nalgún momento da nosa vida, precisamos axuda.
Ir a terapia non é un recurso exclusivo para persoas con patoloxías graves.
É que a terapia pode axudarche cando:

- O estrés, a ansiedade e a tristeza impídenche levar unha vida plena.
- A situación que estás vivindo desbórdache e non sabes qué facer.
- Cústache manexar as relacións coa túa familia ou parella.
- Sintes insatisfacción na túa vida persoal ou profesional.
- Tes pensamentos ou emocións que che xeran malestar.
Talvez non sexas consciente diso, pero se estás aquí, significa que o cambio xa comezou en ti. Porque todo comeza no máis profundo de ti, dándote conta de que non queres seguir así.
O meu traballo é acompañarte no seguinte paso, que é atopar os recursos e ferramientas coas que podas afrontar a túa vida desde outra perspectiva.

Ermitas Acevedo
Cando me teño que presentar, gústame dicir que son psicóloga sanitaria de profesión e psicoterapeuta familiar por vocación.
Sei que facer coincidir a túa profesión coa túa vocación é unha das cousas máis maravillosas que hai, e creo que iso é o que me permite dar o mellor de min cada día en consulta.
Levo máis de 20 anos acompañando a persoas que estaban pasando por momentos complicados para que podan adaptarse ás distintas circunstancias que se lles presentaban.
Porque sabemos que hai cousas que non podemos controlar, pero sí podemos aprender a xestionar as nosas emocións e a tomar unha perspectiva diferente ante o que nos rodea.
Cóntoche máis sobre o meu percorrido
Cheguei á psicoloxía hai 30 anos, despois de ter tratado de escaparme dela estudando outras cousas que parecían ter más saída.
Formeime en recursos humanos e decidín establecerme pola miña conta, para tratar de axudar a construír empresas felices.
Todo iso fíxome tomar conciencia da importancia das relacións sociais na vida e me impulsou a seguir formándome neste apaixonante mundo. Así, cheguei á Terapia Familiar, que me enamorou desde o primeiro momento e me acompañou desde entón.
Tamén colaboei con diversas organizacións, para axudar a persoas que están en procesos de mellora profesional, tanto co desenvolvemento de carreiras profesionais, como a través do emprendemento empresarial.
O meu lado máis persoal
Se tivera que facerche un resumo breve da miña vida, utilizaría palabras como: arte, cultura, deporte, natureza, ecoloxía, perdas, problemas familiares, problemas económicos, educación dos fillos e adaptación a novos ciclos vitais.
Creo que con iso pódeste facer unha idea.
Ademáis da psicoloxía, disfruto moito da natueza e dos paseos ao aire libre e, vivindo en Galicia, hai moito onde elixir. Se queres pódoche recomendar sitios.
Sempre me gustou o deporte e hai uns anos comecei a nadar. Actualmente estou nun dos clubs de natación da miña cidade e hoxe é unha parte importante da miña vida.
A familia é un pilar importante para min e gústame dicir que estou feita de presencias, pero tamén de ausencias.


A resignación non é a única saída
Se hai algo que non funciona na túa vida, incluso aínda que non saibas que é, non tes por que resignarte a seguir atrapado aí. Podemos facer que esta vez sexa diferente, e que podas recuperar o teu sorriso.
Pide a túa primeira sesión e falemos. Estou aquí para acompañarte e axudarte.